Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (453/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 453/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Arca Núñez contra Escavaciones y Obras Públicas Galicia, S.L., sendo parte o Fogasa administración concursal de Exoga (Abatha Global, S.L.P.), sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 453/2017

Demandante: Francisco Arca Núñez

Letrado: Sra. Carpintero Gamallo

Demandado: Excavaciones y Obras Públicas de Galicia, S.L., en liquidación (Exoga) comparece administrador concursal da empresa

Administrador concursal Abatha Global, S.L.P.: Sr. Laso González

Fogasa

Letrado:

Sentenza nº 678/17.

A Coruña, 30 de novembro de 2017.

Decido:

– Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Francisco Arca Núñez fronte á empresa Escavaciones y Obras Púbicas de Galicia, S.L. (Exoga) e, en consecuencia, declaro procedencia do seu despedimento declarando extinguida a relación laboral en data do 31.3.2017, se ben, con condena desta a aboar ao primeiro a indemnización fixada ao seu favor na carta de despedimento que ascende a suma de 12.116,87 euros.

– A administración concursal da empresa condenada e o Fogasa deberán de pasar polo resolto.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escavaciones y Obras Públicas Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza