Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (482/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 482/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Vilar Curros contra Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor), Ferrovial Agroman, S.A., y Construcciones López Cao, S.L., UTE sendo parte o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 482/2015

Demandante: Juan Villar Curros

Letrado: Sr. Romero Salgado

Demandado: Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor)

Letrado:

– Ferrovial Agroman, S.A., e Construcciones López Cao, S.L., UTE

Letrado:

Fogasa

Letrado:

Sentenza nº 675/17.

A Coruña, 5 de decembro de 2017.

Decido:

– Estimo a demanda formulada por Juan Villar Curros fronte a Proconor, S.L., e UTE Ferrovial Agroman, S.A., e Construcciones López Cao, S.L. e, en consecuencia,

1. Condeno a Proconor a aboar ao demandante a suma de 866,11 euros en concepto de indemnización polo seu despedimento por causa obxectiva e 725,01 euros por indemnización por falta de preaviso, total: 1.591,12 euros.

2. Condeno a Proconor e a UTE Ferrovial Agroman, S.A., e Construcciones López Cao, S.L., solidariamente a aboar ao demandante a suma de 5.790,89 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos.

Deberán de aboar os xuros do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá de estar ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor), Ferrovial Agroman, S.A., e Construcciones López Caso, S.L., UTE, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza