Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (451/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento impugnación de actos da administración 451/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Geotunel, S.L., Víctor Vázquez Cao contra a Consellería de Traballo e Benestar, Obrascón Huarte Lain, S.A., sobre sancións, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: sanción impugnación de acto administrativo nº 451/2015

Demandante: Geotunel, S.L.

Letrado: Sr. Pereda Sourrouille.

Demandados: Consellería de Traballo e Benestar Social –hoxe Consellería de Política Social–

Letrado: Sr. Pérez Máiz

– Víctor Vázquez Cao

Letrado: Sr. Freire Amador

– Obrascón Huarte Lain, S.A.

Letrado:

Sentenza nº 676/17.

A Coruña, 5 de decembro de 2017.

Decido:

– Estimo a demanda sobre sanción, impugnación de acto administrativo en materia laboral, formulada por Geotunel, S.L., fronte á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Víctor Vázquez Cao e Obrascón Huarte Lain, S.A. e, en consecuencia, deixo sen efecto a sanción imposta á empresa demandante e revogo a resolución impugnada.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Obrascón Huarte Lain, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza