Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (438/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 438/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Albores Suárez contra Servicios y Obras Tanamey, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 438/2015

Demandante: Óscar Albores Suárez

Letrada: Sra. Vázquez Madruga

Demandada: Servicios y Obras Tanamey, S.L.

Sentenza 605/2017.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

Decido:

1. Estimo a demanda formulada por Óscar Albores Suárez fronte a Servicios y Obras Tanamey, S.L. e en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 2.332,87 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente.

2. O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución dentro dos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles de que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios y Obras Tanamey, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza