Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (547/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 547/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Casaseca Fresno contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. sendo parte o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de novembro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 547/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Manuel Casaseca Fresno, asistido do letrado José Páramo Sureda, contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e contra o Fogasa que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuel Casaseca Fresno e condeno a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 3.226,45 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza