Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (239/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 239/2015 por instancia de Juan Carlos Mosquera Castro contra a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 14 de novembro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase a demanda formulada por Juan Carlos Mosquera Castro contra a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

Resolvo:

Condénase a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. a aboarlle a Juan Carlos Mosquera Castro a cantidade de dezaoito mil trescentos cincuenta euros con nove céntimos de euro (18.350,09 euros), devindicando os conceptos salariais do xuro moratorio previsto no artigo 1.108 do Código civil en relación co 1.101 do mesmo texto legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2017

A secretaria xudicial