Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (272/2015).

Eu, María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 272/2015 seguido por instancia de José Montenegro Fernández fronte a María Elva Rodríguez González, Manuel Hermida Rodríguez se ditou Sentenza 92/2017, do 21 de abril, que no extracto dispón:

Admitir integramente a demanda interposta por José Montenegro Fernández.

Condenar a Manuel Hermida Rodríguez e María Elva Rodríguez González a aboar solidariamente á demandante a suma de seis mil douscentos sesenta e cinco euros con sesenta céntimos (6.265,60 euros) máis os xuros legais correspondentes desde a data da demanda, así como o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data da sentenza, para o caso de demora procesual.

Impoñer expresamente a María Elva Rodríguez González e Manuel Hermida Rodríguez as custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación para interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte días, contado desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e decisión pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional 15ª da LOPX.

E encontrándose os devanditos demandados, María Elva Rodríguez González e Manuel Hermida Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza