Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57887

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Lugo

EDICTO (22/2017).

No presente procedemento, recurso de apelación 22/2017, seguido por instancia de Ana Belén Pontide Morales fronte a José María Castosa Vázquez, este último declarado en situación de rebeldía, ditouse Sentenza número 38/2017, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

Lugo, 14 de novembro de 2017.

Sergio Orduña Alonso, maxistrado do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo e o seu partido, viu os presentes autos de divorcio contencioso con número de autos 22/2017, onde foi parte demandante Ana Belén Pontide Morales, actuando baixo a representación procesual da procuradora Sra. Vallejo González e coa asistencia do letrado Sr. López González, e parte demandou José María Castosa Vázquez, en situación de rebeldía procesual.

«Decido que, estimando parcialmente a demanda de divorcio presentada pola procuradora Sra. Vallejo González, en nome e representación de Ana Belén Pontide Morales, contra José María Castosa Vázquez, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio dos citados cónxuxes, cos efectos legais inherentes a esta, adoptándose as seguintes medidas:

a) Atribución do uso e desfrute da que era vivenda familiar a favor da demandante.

b) Non proceden as restantes medidas solicitadas pola parte demandante.

Non se fai expresa condena en custas.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009. Faise saber ás partes que conforme establece o artigo 774 da LAC: «5. Os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentenza non suspenderán a eficacia das medidas que se tiveren acordado nesta. Se a impugnación afecta unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio».

E firme que sexa esta resolución, expídase o oportuno despacho para a anotación marxinal desta na inscrición de matrimonio (artigo 755 da LAC).

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgada en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o demandado, José María Castosa Vázquez, en ignorado paradoiro, despois de declararse a súa rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto notifícase a José María Castosa Vázquez o contido de ambas as resolucións, dado o seu ignorado paradoiro.

Lugo, 21 de novembro de 2017

Gonzalo Lobato Andrés
Letrado da Administración de xustiza