Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (633/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 633/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberte Miguel Taboada Gómez contra Masalo 10, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza número 554/2017.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de diferenzas salariais) baixo o número 633/2016, no que é parte demandante Alberte Miguel Taboada Gómez, asistido polo letrado Sr. Corujo Martínez, e son partes codemandadas a mercantil Masalo 10, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei veño ditar a presente con base nos seguintes

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Alberte Miguel Taboada Gómez, asistido polo Sr. Corujo Martínez, fronte á empresa Masalo 10, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno, á empresa demandada a aboar ao traballador demandante a cantidade de 2.227,90 euros en concepto de nóminas percibidas e impagadas (meses de marzo de 2016 a xuño de 2016) máis vacacións non gozadas do ano 2016 segundo cantidades detalladas para cada concepto do feito probado terceiro da presente + o xuro do 10 % por demora no pagamento de salario sobre o principal debido ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade legal que alcance ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza