Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 9 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada presentada por CZ Veterinaria, S.A. para a planta de fabricación de medicamentos para animais na Relva, concello do Porriño.

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que, por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado Proxecto básico para autorización ambiental integrada. Número de expediente: 2017-IPPC-I-45, para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento poderá consultarse na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público. Ademais, a información tamén estará accesible a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Titular: CZ Veterinaria, S.A.

CIF: A36201259.

Domicilio social: A Relva, s/n, 36410 O Porriño (Pontevedra).

Localización da instalación: A Relva, s/n, 36410 O Porriño (Pontevedra).

Actividade: fabricación de medicamentos para animais.

Descrición: a instalación localízase nunha parcela rodeada de vivendas, naves industriais e outras parcelas (cultivadas e sen cultivar). Na planta fabrícanse produtos biolóxicos (vacinas vivas, inactivadas e reactivos de diagnóstico) e produtos farmacolóxicos (inxectables e externos). As etapas básicas son: aprovisionamento, recepción, produción de medios (mesturas en que introducir as bacterias), produción de aerobios/produción de anaerobios, mesturas e envases, empaquetado e loxística. Na instalación tamén se realizan ensaios con animais.

Verteduras: vértense augas residuais (refrixeración, procedentes da corte de contención, sanitarias, de laboratorio e de proceso) e pluviais. Todas as augas residuais se tratan primeiramente na instalación e despois na EDAR de Guillarei. As augas pluviais e de escorrega interior canalízanse de forma independente e vértense ao medio.