Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 243/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 243/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Moure Rosende contra Óscar Carretero Boga e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 528/2017.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 243/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de César Moure Rosende, asistido polo letrado Miguel Martínez Santos, contra Óscar Carretero Boga.

Resolución:

Estímase a demanda interposta por César Moure Rosende contra Óscar Carretero Boga, e declárase a improcedencia do despedimento efectuado polo demandado con efectos do 28 de febreiro de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 23,25 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 1.790,08 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada-xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Carretero Boga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza