Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57650

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 193/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 193/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bruna Casagrande contra María Esther Dopazo Caeiro e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada María Esther Dopazo Caeiro en situación de insolvencia total por importe de 690,64 euros en concepto de principal, máis outros 69,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de María Esther Dopazo Caeiro, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza