Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 565/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 565/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Enrique de Castro Castilla sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que nos citados autos se ditou a resolución que literalmente di:

«Sentenza número 552/2017.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de diferenzas salariais), baixo o número 565/2016, en que é parte demandante José Enrique de Castro Castilla, asistido pola graduada social Sra. Bustamante Fernández, e son partes codemandadas a mercantil Lodri 2015, S.L., que non comparece ao acto de xuízo malia constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome de S.M. o Rei, dito a presente sentenza con base nos seguintes

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Enrique de Castro Castilla, asistido pola graduada social Sra. Bustamante Fernández, fronte á mercantil Lodri 2015, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar ao traballador demandante a cantidade de 4.525,44 euros en concepto de nóminas devindicadas e non pagadas nos períodos do día 5 de agosto de 2015 ao día 30 de setembro de 2015 e tamén do día 2 de decembro de 2015 ao día 1 de xaneiro de 2016, así como en concepto de parte proporcional de vacacións de 2015 segundo os días traballados ese ano, de acordo coa desagregación detallada do feito probado terceiro da presente sentenza + o xuro do 10 % sobre o principal por demora no pagamento de salario ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade legal que alcance ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente sentenza a todas as partes interesadas, e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación no presente órgano xudicial para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos polo artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncia, o manda e o asina.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lodri 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza