Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57004

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (379/2012).

Procedemento ordinario 379/2012

Procedemento de orixe: monitorio 799/2011

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Excavaciones Cela Abuín, S.L.U.

Procuradora: Cristina Alaejos Guinea

Demandada: Construcciones Conslaso Peninsular, S.L.

Eu, Myriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, polo presente fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, polo presente se notifica a Construcciones Conslaso Peninsular, S.L. a sentenza ditada no presente procedemento do 13 de marzo de 2014, cuxo contido é o seguinte:

Sentenza.

Lalín, 13 de marzo de 2014.

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo ordinario número 379/2012, por instancia da procuradora Sra. Fernández Ramos, en nome e representación da entidade mercantil Excavaciones Cela Abuín, S.L.U., defendida polo letrado Sr. Álvarez Flores, contra Construcciones Conslaso Peninsular, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por instancia da procuradora Sra. Fernández Ramos, en nome e representación da entidade mercantil Excavaciones Cela Abuín, S.L.U., defendida polo letrado Sr. Álvarez Flores, contra Construcciones Conslaso Peninsular, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a Construcciones Conslaso Peninsular, S.L. a aboar á entidade mercantil Excavaciones Cela Abuín, S.L.U. a cantidade de 6.029,80 euros e os xuros establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións mercantís.

Será a cargo da demandada condenada o pagamento das costas procesuais.

Notifíquese a resolución ás partes en legal forma, advertíndolles que contra ela poderán interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que non será admitido a trámite se non acredita a parte interesada ter constituído o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro mazo de sentenzas e autos deste xulgado, e testemuño dela aos autos principais

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Construcciones Conslaso Peninsular, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lalín, 30 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza