Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1146/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1146/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Iglesias de la Iglesia contra o Fondo de Garantía Salarial, Inicia Formación y Consultoría, S.L. e o administrador concursal de Inicia Formación y Consultoría, S.L., sobre ordinario, ditouse resolución o 21.11.2017 contra a que non cabe interpoñer recurso de suplicación por razón da contía sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 da LRXS, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inicia Formación y Consultoría, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza