Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (76/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 76/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Rey Doval contra a empresa Reformas Patricia Calvo Pérez, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución que se sinala, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado:

Sentenza do 7.11.2017 contra a que poderá interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguinte da Lei reguladora da xurisdición social, no prazo de cinco días.

E para que sirva de notificación en legal forma a Reformas Patricia Calvo Pérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza