Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente, anuncio:
No presente procedemento seguido por instancia de Mónica María Arias Gallego fronte a José Antonio Piñeiro Lamas ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
Sentenza 326
En Vigo o vinte e sete de xuño de dous mil dezasete.
María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 759/2016, sobre garda e custodia e alimentos respecto de filla menor de idade, por instancia de Mónica María Arias Gallego, representada polo procurador dos tribunais Manuel Rodríguez Nieto e con asistencia letrada de Pablo Marcos Fernández, contra José Antonio Piñeiro Lamas, declarado en rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:
Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito
Resolución
Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Rodríguez Nieto, en nome e representación de Mónica María Arias Gallego, como demandante, contra José Antonio Piñeiro Lamas, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, estima esta e realiza os seguintes pronunciamentos:
Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese a Mónica María Arias Gallego, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre a menor María Piñeiro Arias.
Segundo. A menor poderá comunicarse e relacionarse co seu proxenitor cando ambos libremente e de mutuo acordo así o decidan.
Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.
Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.
O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).
Así, por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E encontrándose o devandito demandado, José Antonio Piñeiro Lamas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.
Vigo, 23 de novembro de 2017
A letrada da Administración de xustiza