Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (47/2016).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

Sentenza 128/2016

Xuízo verbal número 790/2014

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: Francisco González Santamaría

Demandado: Carla Trabadelo Fernández

Obxecto: reclamación de rendas

En Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2016.

No presente procedemento de xuízo verbal 47/2016 seguido por instancia de Francisco González Santamaría fronte a Carla Trabadelo Fernández ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Resolución:

Estimo integramente a demanda presentada por Francisco González Santamaría contra Carla Trabadelo Fernández e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 1.100 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda. Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

E encontrándose a devandita demandada, Carla Trabadelo Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza