Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 407/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Grandal Rodríguez contra a empresa Limpiezas Veteris, S.L.U., Limpiavedra, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, que se xunta:
«Dilixencia de ordenación
Letrado da Administración de xustiza: Alberto López Luengo
En Pontevedra o dez de outubro de dous mil dezasete.
Despois de recibir a proba documental acordada pola súa señoría como dilixencia final, acordo, conforme o disposto no artigo 88.1 LPL, dar traslado ás partes e indicarlles que no prazo de tres días poden alegar por escrito o que ao seu dereito conveña.
Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.
O/a letrado/a da Administración de xustiza»
E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiavedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 15 de novembro de 2017
O letrado da Administración de xustiza