Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (634/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 634/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel García Sobrido contra a empresa Servimar Innova, S.L., Severino Gómez Ordóñez e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Manuel García Sobrido contra Servimar Innova, S.L. e Severino Gómez Ordóñez, efectúo os seguintes pronuciamentos:

1. Debo condenar e condeno a mercantil demandada Servimar Innova, S.L. a lle aboar ao demandante a suma 15.868,34 euros, polos conceptos indicados no feito probado quinto desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Debo absolver e absolvo a Severino Gómez Ordóñez das peticións deducidas na súa contra.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servimar Innova, S.L. e a Severino Gómez Ordóñez, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza