Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (46/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 46/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marlón González Núñez contra Estefanía Pérez Chas, Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marlon González Núñez, contra a empresaria individual Estefanía Pérez Chas e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresaria individual Estefanía Pérez Chas, a que aboe ao demandante a cantidade de 3.058,2 euros brutos por salarios percibidos entre agosto e outubro de 2016, con inclusión de parte proporcional de pagas extras, e 2.548,5 euros brutos por salarios percibidos en xuño e xullo de 2016, dos que deberán ser descontados os 1.200 euros líquidos xa percibidos, e 1.663,32 euros brutos por horas extras realizadas durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Estefanía Pérez Chas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza