Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55605

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 3796/2017 BC).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3796/2017 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Cristalina Fernández González sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que con estimación do recurso interposto polo Fondo de Garantía Salarial, revogamos a sentenza que con data do 10.7.2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, revogamos en parte a resolución da instancia e declaramos a improcedencia do despedimento de que Cristalina Fernández González foi obxecto con data de efectos do 28.1.2017 por parte da empresa Perfo Vigo, S.L. e, logo da declaración de extinción do vínculo laboral que ligaba as partes con efectos do día do despedimento, condeno a empresa demandada a aboar á demandante, en concepto de indemnización, a cantidade de dezanove mil novecentos cincuenta e cinco euros e trece céntimos (19.955,13 €). Todo isto con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Perfo Vigo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza