Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55607

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (276/2007).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Ferrol, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario número 276/07 seguido a instancia de Evaristo Picos Tenreiro, Asunción Tenreiro Calvo, Gloria María Tenreiro Calvo fronte a Bellón e C.ía, S.L., Piar Permuy Brage, María Pilar Tenreiro Permuy, Enrique Leonardo Tenreiro Permuy, José Miguel Tenreiro Permuy, Dores Carballal Pardo, Aurora Fernández Yáñez, José López López, Francisco Javier Hermida Álvarez, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo é do tenor literal seguinte:

Xulgado de Primera Instancia número 4 de Ferrol

Sentenza: 246/2013

Xuízo ordinario 276/2007.

Javier Tudela Guerrero, xuíz titular, viu os presentes autos de xuízo ordinario sobre acción reivindicatoria, na que compareceron:

Polo demandante: Evaristo Picos Tenreiro, Asunción Tenreiro Calvo, Gloria María Tenreiro Calvo

Procurador: Sr. Rubín Barrenechea, substituído pola Sra. Pereira Santelesforo

Letrado: Sr. Pérez Rubín

Polo demandado 1: Bellón e Cía., S.L.

Procurador: Sr. Naveiras Pita

Letrada: Sra. Naveiras Pita

Polo demandado 2: María Pilar Tenreiro Permuy

Procuradora: Sra. Bedoya Freire

Letrada: Sra. Rodríguez Sanjosé

Polo demandado 3: José Miguel Tenreiro Permuy

Procurador: Sr. Rodríguez Ramos

Letrado: Sr. Piñón Carro

Polo demandado 4: José López López, Francisco Javier Hermida Álvarez, Aurora Fernández Yáñez e Aurora Carballal Pardo, herdanza xacente de Manuel Polo Pernas

Procuradora: Sra. Díaz Gallego

Letrado: Sr. Rodríguez Serantes

Demandados rebeldes: Enrique Leonardo Tenreiro Permuy.

Veño a ditar, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte:

Sentenza.

En Ferrol o 3 de outubro de 2013.

Decido.

I. Debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Evaristo Picos Tenreiro, Asunción Tenreiro Calvo e Gloria María Tenreiro Calvo, contra Bellón e Cía., S.L., sen imposición de costas da instancia.

II. Debo desestimar a demanda reconvencional presentada por Bellón e Cía., S.L. contra Evaristo Picos Tenreiro, Asunción Tenreiro Calvo e Gloria María Tenreiro Calvo, sen que proceda realizar condena en custas da instancia.

III. Non procede, tampouco, realizar pronunciamentos en costas dos chamados en evicción ou ao estimar a excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario en tanto que a súa chamada ao procedemento non foi inxustificada.

Contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de apelación que se interpoñerá, ante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días a contar dende o seguinte á súa notificación, e do que coñecerá a Audiencia Provincial. De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da LOPJ, nos seus números 4 e seguintes, para a interposición do devandito recurso será precisa a consignación como depósito de 50 euros, cantidade que será ingresada na conta de consignacións xudiciais deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado Enrique Leonardo Tenreiro Permuy, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 13 de novembro de 2015

O secretario xudicial