Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55603

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3801/2017).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3801/2017

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 1108/2016. Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Fogasa

Avogado/a: letrado do Fogasa

Recorridos: Eurolinings, S.L., Alcides Antonio Filgueira Fernández, Cipriano Miguel Correira Gonçalves, administración concursal de Eurolinings (Ana Escobedo Sela)

Avogado/a: Henrique Landesa Martínez, Ana Escobedo Sela

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3801/2017 seguido por instancia do Fogasa contra Eurolinings, S.L., Alcides Antonio Filgueira Fernández, Cipriano Miguel Correira Gonçalves, administración concursal de Eurolinings (Ana Escobedo Sela), sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fondo de Garantía Salarial contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 7 de xullo de 2017, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurolinings, S.L. con último domicilio coñecido en Ríos, Teis, Vigo (Pontevedra), e actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza