Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (393/2015).

Procedemento ordinario (PO) 393/2015

Sobre: ordinario

Demandante: José Manuel Mella Silva

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandado: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 393/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Mella Silva contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión

Que estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Mella Silva contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 975,78 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis o xuro por mora do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e o xuro do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza