Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (362/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 362/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Gil Facorro contra a Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación Profesional de Selvicultores Galicia Silvanus, con citación do Fogasa, sobre ordinario, se ditou auto de aclaración de data 14 de novembro da sentenza ditada no procedemento indicado, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Rectifico a sentenza ditada nos presentes autos de procedemento ordinario número 362/2015, en data 3 de novembro de 2017, na decisión, que queda redactada como segue:

“Que admitindo parcialmente a demanda interposta por Mercedes Gil Facorro contra a Asociación Profesional de Selvicultores de España e contra a Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a demandada Asociación Profesional de Selvicultores de España a aboarlle á demandante a suma de 5.461,67 euros netos, coa desagregación efectuada no feito probado sexto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

2. Debo absolver e absolvo a Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia das peticións deducidas na súa contra.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, polo que se deberá observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución”.

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza a que se refire a presente rectificación.

Incorpórese esta resolución ao libro que corresponda e lévese testemuño aos autos principais.

Así o pronuncia, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á Asociación Profesional de Selvicultores de España e á Asociación Profesional de Selvicultores Galicia-Silvanus, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza