Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 249/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 249/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juana Vilma Chumpitaz Hernández contra Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, catorce de novembro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución da sentenza número 374/2017, de data 1 de setembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 979/2014 a favor da parte executante, Juana Vilma Chumpitaz Hernández, fronte a Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 50.034,51 euros en concepto de principal (salarios, vacacións, horas extras e nocturnas, 12.803,57 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 5.003,45 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

– Respecto aos oficios solicitados no outrosí digo da demanda, remítase testemuño da sentenza ditada no procedemento ordinario 979/14 á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Canto á indagación patrimonial do executado, practicarase no momento procesual oportuno.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a xuíza. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, catorce de novembro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Juana Vilma Chumpitaz Hernández e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza