Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (606/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 606/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paulo González González contra a empresa Hierros y Aceros del Lérez, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución o 22.9.2017 contra a que cabe recurso directo de revisión, cuxo texto íntegro se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hierros y Aceros del Lérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza