Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54889

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (365/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 365/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Fernanda Río Irago contra a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza número 550/2017

En Santiago de Compostela o 8 de novembro de 2017.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 365/2015 seguidos por instancia de María Fernanda Río Irago, asistida pola letrada Natalia Ervite, contra a entidade Falcón Contratas y Seguridad e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade.

Decido.

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de María Fernanda Río Irago, asistida pola letrada Natalia Ervite, contra a entidade Falcón Contratas y Seguridad e o Fogasa, que non comparecen malia estaren citadas, e en consecuencia debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 2.428,75 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Con aboamento, así mesmo, da suma de 200 euros en concepto de honorarios do letrado.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza