Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 641/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 641/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Vilasuso López contra Mónica Cebro Rodríguez, Ramón Cebro Rodríguez, José Luis Cebro Rodríguez, herdanza xacente de Manuel Cebro Sousa, o Fondo de Garantía Salarial, María Ríos Varela e Juan Cebro Rodríguez, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 1.2.2018, ás 11.35 horas, na Secretaría deste xulgado ao acto de conciliación ante a letrado da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, ás 11.40 horas do mesmo día, na planta baixa, sala de vistas, Edificio dos Xulgados, ao acto de xuízo.

– Advírtase ás partes que en caso de non compareceren nin alegaren causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda. A non comparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, e o procedemento continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a herdanza xacente de Manuel Cebro Sousa e Ramón Cebro Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza