Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (563/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 563/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Vicente Vigo Baluja contra Mármoles Alende, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Resolución

Estimo a demanda en materia de despedimento interposta pola representación procesual da parte demandante e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante con Mármoles Alende, S.L., na data desta resolución, e condeno a Mármoles Alende, S.L. ao aboamento dos salarios de trámite, calculados a razón de 53,66 euros/día.

En concepto de indemnización, debe aboar ao demandante a cantidade de 41.656,17 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial de que corresponda.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza