Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 504/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 504/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo de Jesús Jiménez Inoa contra a empresa Juan Liste Brañas e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza número 539/2017

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017.

Vistos por min, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 504/2017 sobre despedimento obxectivo individual, seguidos por instancia de Ricardo de Jesús Jiménez Inoa, asistido da graduada social Matilde Mallo Nieves, contra Juan Liste Brañas e o Fondo de Garantía Salarial, con base nos seguintes,

Resolución:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante fronte a Juan Liste Brañas, con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da parte demandante e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 5.114,23 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza