Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (174/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 174/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Peña del Pozo contra a empresa 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Spain, S.L.U., Pulvino Suministros Industriales, S.L., Pedro Jorge Sucena Alves Martins, Enrique Ángel Barros López, 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza 468/2017.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 174/2015, seguidos por instancia de Diego Peña del Pozo, representado e asistido pola letrada Sra. Liste López, fronte a 2 Q Spain, S.L.U., a administración concursal da anterior (Enrique Barros López), 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A., Pulvino Suministros Industriales, S.L., Pedro Jorge Sucena Alves Martins e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen malia constar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar a demanda presentada a instancia de Diego Peña del Pozo, representado e asistido pola letrada Sra. Liste López, fronte a 2 Q Spain, S.L.U., a administración concursal da anterior (Enrique Barros López), 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A., Pulvino Suministros Industriales, S.L., Pedro Jorge Sucena Alves Martins e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen malia constaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade; que debo condenar a 2 Q Spain, S.L.U., 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A., Pulvino Suministros Industriales, S.L., de forma conxunta e solidaria, a aboarlle ao demandante a suma de 3.664,57 euros, polos conceptos indicados, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e condeno a Enrique Barros López na súa soa condición de administrador concursal de 2 Q Spain, S.L.U. a estar e pasar pola devandita declaración e condena, e debo absolver a Pedro Jorge Sucena Alves Martins das peticións deducidas na súa contra.

Imponse a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pulvino Suministros Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza