Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54214

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SAN 500/2016 M)

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de sancións 500/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Sánchez Tasende contra a ONG Médicos sin Fronteras sobre sancións, se ditou a seguinte resolución:

«Cédula de requirimento:

Órgano xudicial que require: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: sancións 500/2016.

Persoa á que se require: ONG Médicos sin Fronteras, Rúa do Vilar ,11-3º, 15705 Santiago.

Obxecto do requirimento:

Deberán remitir con cinco dias de antelación ao acto da vista:

– Planning de todos os grupos de traballo de Santiago de Compostela no que conste indicación nominal dos traballadores e traballadoras de cada equipo, face to face e door to door, respecto dos anos 2014, 2015 e 2016 para os efectos de comprobar as diferentes condicións de traballo.

– Relación nominal dos traballadores dos equipos de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña correspondente, con indicación do equipo ao que estaban asignados e con indicación da data de alta, data de baixa e motivos de baixa.

– Resultados das avaliacións de cada un dos traballadores do centro de traballo dos anos 2014, 2015 e 2016 para os efectos de comprobar a evolución global dos resultados.

– Extincións contractuais por desistimento da empresa en período de proba e os despedimentos efectuados nos anos 2014 e 2015, para os efectos de comprobar as posibilidades reais de captación en termos globais.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de requirimento en legal forma a ONG Médicos sin Fronteras, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza