Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 245/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 245/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Pérez Lourido contra a Asociación Galega Serra do Bocelo e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza número 414/2017 ditada no procedemento ordinario 310/2015 a favor da parte executante, Lorena Pérez Lourido, fronte á Asociación Galega Serra do Bocelo e o Fogasa, parte executada, por importe de 1.930,71 euros (1.531,83 euros en concepto de diferenzas salariais e a quitanza, 398,88 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 193,07 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017.

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Asociación Galega Serra do Bocelo co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 1.930,71 euros (1.531,83 euros en concepto de diferenzas salariais e a quitanza, 398,88 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 193,07 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0245 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Asociación Galega Serra do Bocelo co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma á Asociación Galega Serra do Bocelo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza