Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54202

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (477/2011).

Eu, Raquel Romero Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que no presente procedemento ordinario número 477/2011, seguido por instancia de Expansión Económica Empresarial, S.A. fronte a Excavaciones y Construcciones San Salvador, S.L. y otros ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva establece:

«Que, desestimando a demanda interposta pola procuradora Margarita Pereira Rodríguez, en nome e representación de Expansión Económica Empresarial, S.A., debo absolver e absolvo a Carlos Fermín Rodríguez Otero, Leopoldo Ivorra Sáenz-Diez, Arch Insurance, Ges Seguros y Reaseguros, José Espiñeira Martínez e Construcciones San Salvador, S.L. de todos os pedimentos da demanda, estimando a excepción de prescrición da acción exercida, todo iso, con imposición das custas á parte demandante. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación que debe interpoñerse neste xulgado no prazo dos 20 días seguintes á súa notificación e que será resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra. Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado. Así por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Elena Isabel Moreira Lantes, xuíza titular deste xulgado e do seu partido xudicial».

E para que sirva de notificación en forma a Excavaciones y Construcciones San Salvador, expídese o presente edicto.

Vilagarcía de Arousa, 3 de maio de 2016