Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54203

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (564/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 564/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Villares Roca contra a empresa Prosenorsa, S.L., administración concursal e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante, Jesús Villares Roca, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Prosenorsa, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 141,40 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Para que sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza