Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54200

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 872/2016 IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 872/2016 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Confecciones Cabarios, S.L.U., Óscar Manuel del Río López, Confeccións Balado, S.L., Confecciones Figueira, S.L.U., Edelmira Liste Viqueira, administración concursal Confecciones Cabarios (Manuela Blanco Jiménez) sobre despedimento disciplinario, foi ditada no 12 de xullo de 2017 pola Sala do Social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

«A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo avogado do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 21 de xuño de 2016, no recurso de suplicación número 872/2016, interposto polo Fondo de Garantía Salarial, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña do 22 de outubro de 2015, no procedemento número 280/2015 seguido por instancia de Edelmira Liste Viqueira contra o Fondo de Garantía Salarial, Confecciones Cabarios, S.L.U., Óscar Manuel del Río López, Confeccións Balado, S.L., Confecciones Figueira, S.L.U. e Administración concursal de Confecciones Cabarios (Manuela Blanco Jiménez), sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Figueira, S.L.U. e Confeccións Balado, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza