Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54181

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2017 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 28 de xullo de 2017 pola que se adxudican as axudas da Orde do 29 de maio de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017.

A Orde do 29 de maio de 2017 (DOG núm. 109, do 9 de xuño) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

A Resolución do 28 de xullo de 2017 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), modificada parcialmente pola Resolución do 6 de outubro de 2017 (DOG núm. 195, do 13 de outubro), adxudica as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo III.

No artigo 19 da orde de convocatoria indícase que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción do contrato laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á GAIN, segundo corresponda, e que en ambas as modalidades se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2017. Tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

No caso das axudas financiadas co FSE deberán cumprirse as obrigas establecidas no artigo 20.3.b) da orde de convocatoria.

A competencia para adxudicar unha nova axuda procedente da lista de espera da Secretaría Xeral de Universidades correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co artigo 19 da Orde do 29 de maio de 2017.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVO:

Primeiro

Aceptar as renuncias presentadas polas universidades do SUG ás axudas de apoio á etapa predoutoral das modalidades A e B correspondentes ás persoas seleccionadas que se relacionan a continuación:

Modalidade A.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Puntuación

ED481A-2017/089

USC

Vila

Pérez

Víctor

*****367C

2

10,0537

ED481A-2017/108

USC

Boente

Juncal

Andrea

*****151Y

2

9,5825

Modalidade B.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481A-2017/070

USC

Cao

Labora

Daniel

*****982X

2

Ciencias

11,8620

ED481A-2017/030

USC

Buedo

Fernández

Sebastián

*****175K

2

Ciencias

11,5070

ED481A-2017/308

UVIGO

Aguión

Tarrío

Alba

*****627K

3

Ciencias

10,0530

ED481A-2017/346

UDC

Souto

García

Andrea

*****010W

-

Ciencias Sociais e Xurídicas

9,0023

Segundo

Adxudicar as axudas ás entidades e persoas candidatas das listas de espera das modalidades A e B que se relacionan a continuación:

Modalidade A.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Puntuación

ED481A-2017/325

UVIGO

Suárez

Eiroa

Brais

*****289V

2

8,2367

ED481A-2017/219

UDC

Blanco

Fandiño

Julia

*****507P

2

8,2253

Modalidade B.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Puntuación

ED481A-2017/143

USC

López

Gómez

Helena

*****989B

3

8,4906

ED481A-2017/209

UVIGO

Piña

Rey

Alba

*****271T

-

8,4892

ED481A-2017/156

USC

Castro

Bustelo

Verónica

*****214S

2

8,4863

ED481A-2017/056

USC

****

 

Venktesh

*****822R

3

8,3906

Terceiro

Declarar extinguidas as listas de espera da Secretaría Xeral de Universidades.

Cuarto

Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións.

Modalidade A (universidades do SUG).

Modalidade A

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2017

2018

2019

2020

Total

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UDC

10

37.934,75

216.770,00

216.770,00

175.223,25

646.698,00

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

USC

21

88.512,75

455.217,00

455.217,00

373.928,25

1.372.875,00

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UVIGO

19

86.708,00

411.863,00

411.863,00

321.543,00

1.231.977,00

Total FSE

 

50

213.155,50

1.083.850,00

1.083.850,00

870.694,50

3.251.550,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

10

14.736,09

53.271,67

28.230,00

13.103,13

109.340,89

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

21

39.780,31

122.283,00

59.283,00

24.200,91

245.547,22

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVIGO

19

20.592,02

95.178,67

53.637,00

32.654,20

202.061,89

Total FP

 

50

75.108,42

270.733,34

141.150,00

69.958,24

556.950,00

Total (FSE + FP)

 

 

288.263,92

1.354.583,34

1.225.000,00

940.652,74

3.808.500,00

Modalidade B (universidades do SUG).

Modalidade B

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2017

2018

2019

2020

Total

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

6

40.369,42

151.500,00

129.000,00

94.186,13

415.055,55

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

24

127.663,79

593.375,01

516.000,00

387.905,65

1.624.944,45

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVIGO

10

56.694,40

232.791,67

215.000,00

144.695,87

649.181,94

Total FP

 

40

224.727,61

977.666,68

860.000,00

626.787,65

2.689.181,94

Na modalidade A desta convocatoria o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10 «Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente», prioridade de investimento 10.02. «A mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para persoas desfavorecidas», obxectivo específico 10.02.01. «Aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres».

Sétimo

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO I
Condicións xerais

Primeiro

Establecer as condicións xerais e particulares da subvención.

Segundo

Todas as solicitudes que figuran nesta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro

Todas as entidades beneficiarias presentaron a declaración de ter capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións que se establecen na convocatoria.

Cuarto

A data de comezo dos contratos será o 1 de decembro de 2017.

Quinto

As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sexto

O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

ANEXO II
Condicións particulares

Primeiro

Para as universidades do SUG, na modalidade A desta convocatoria, o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10 «Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente», prioridade de investimento 10.02. «A mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para persoas desfavorecidas», obxectivo específico 10.02.01. «Aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres».

Segundo

De acordo co modelo de custos simplificados vinculado a esta convocatoria, o Fondo Social Europeo financiará ata un máximo de 21.677 € anuais do custo total de cada axuda da modalidade A.

Terceiro

As universidades do SUG beneficiarias da modalidade A están obrigadas ao cumprimento da normativa comunitaria aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, así como no Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, onde se establecen, entre outros, requisitos en materia de igualdade de oportunidades, ambiente e innovación social.

Cuarto

As universidades do SUG beneficiarias da modalidade A quedan obrigadas a asegurarse de que os gastos declarados son conformes coas normas aplicables, se é o caso, e que non existe dobre financiamento do gasto con outros réximes comunitarios ou nacionais así como con outros períodos de programación do Fondo Social Europeo.

Quinto

Requírese a concreción do adecuado rexistro dos datos de seguimento e avaliación da actuación, tanto para a acreditación da realidade da actuación, como para recoller datos completos dos participantes e entidades beneficiarias polas operacións precisos para dar cumprimento aos requisitos de subministración de información a través dos indicadores de execución e de produtividade (UE) nº 1304/2013 (anexo I, de especificacións de indicadores de esta autorización), garantindo que se disporá de datos dos destinatarios últimos das actuacións a nivel de microdato, así como que se poderá realizar un adecuado seguimento do cumprimento dos indicadores de resultados recollidos no anexo I do Regulamento 1304/2013.

Sexto

Infórmase a persoa ou entidade beneficiaria de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos beneficiarios ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, que será obxecto de publicación electrónica o por outros medios segundo o previsto no artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Sétimo

No caso das axudas da modalidade A cofinanciadas polo FSE, coa primeira xustificación deberase achegar información dos indicadores de execución e de produtividade sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo. Do mesmo xeito, coa última xustificación as universidades beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde a última xustificación, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Oitavo

Obriga a manter un sistema de contabilidade diferenciado para todos os ingresos relacionados coas operacións.

Noveno

Require acreditar ante a autoridade de xestión ou, se é o caso, o organismo intermedio a realización da actividade e facilitar as comprobacións encamiñadas a garantir a correcta realización do proxecto ou acción obxecto da axuda, para o cal presentará canta documentación lle fose requirida no seu procedemento de verificación, tanto administrativa como sobre o terreo, un conxunto representativo das actuacións e operacións que se están a levar a cabo.

Décimo

Comporta, así mesmo, someterse a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que realice a unidade administradora do Fondo Social Europeo, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das súas intervencións delegadas, o Consello de Contas de Galicia, os órganos de control da Comisión Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, de acordo co establecido na normativa aplicable á xestión das axudas cofinanciadas con fondos comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida.

Décimo primeiro

Conforme o artigo 140 do Regulamento (UE) número 1303/2013, comporta conservar e custodiar a documentación xustificativa dos gastos durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

Décimo segundo

Comporta a obriga de colaborar co organismo intermedio na elaboración dos informes de execución anual e final correspondentes.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria