Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54190

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2017 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2017 das bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17).

Mediante Resolución do 18 de setembro de 2017 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión, e procedeuse á súa convocatoria (DOG nº 184, do 27 de setembro).

Por Resolución do 8 de novembro de 2017 (DOG nº 217, do 15 de novembro), ampliouse o prazo de presentación de solicitudes co fin de acadar a integración efectiva dun número máis alto do previsto de entidades colaboradoras, que tiveron que adaptar os seus sistemas para traballar coa aplicación establecida polo Igape, e para incrementar no posible a oportunidade de acollerse ás axudas por parte dos beneficiarios.

Inicialmente, o crédito ascendía a 1.800.000,00 €. O éxito que está tendo este programa, tanto na súa vertente de axuda ás familias como de apoio sectorial, aconsella ampliar o crédito dispoñible para o 2017.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Amplíase para o exercicio 2017 o crédito establecido na partida orzamentaria 09.A1-741A-7802 en 1.000.000,00 € das bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), quedando establecido do seguinte xeito:

Ano

Importe

2017

2.800.000,00 €

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica