Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54191

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017 pola que se dispón a publicación da encomenda de xestión á sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización dos traballos de difusión das áreas de rehabilitación integral (ARI) e de información e apoio técnico na tramitación dos programas xestionados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, no ámbito das ARI dos Camiños de Santiago.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) encomendoulle, o 15 de novembro de 2017, á sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a realización dos traballos de difusión das áreas de rehabilitación integral (ARI) e de información e apoio técnico na tramitación dos programas de axudas xestionados polo IGVS no ámbito das ARI dos Camiños de Santiago, de acordo co disposto nos artigos 7, 8 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

A encomenda terá a natureza de encomenda de xestión intersubxectiva, en canto que a entidade sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. ten a consideración de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos establecidos no artigo 9.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Esta encomenda terá como prazo de duración ata o 31 de decembro de 2018 e poderase proceder á súa prórroga antes da súa finalización, por un período dun ano, en canto que o proxecto de real decreto, no cal se regula o vindeiro Plan estatal 2018-2021, prevé na súa disposición adicional terceira unha ampliación do prazo para a execución das actuacións do programa de rexeneración e renovación urbanas, no cal se inclúe as ARI dos Camiños de Santiago, ata o 31 de decembro de 2019. Así mesmo, cando por razóns de oportunidade debidamente acreditadas no expediente así o aconsellen, poderase proceder á finalización anticipada da encomenda.

Para xeral coñecemento, e en cumprimento do disposto no número 3 do artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, disponse a súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo