Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2017 Páx. 54180

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de novembro de 2017 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Pontillón do Castro, de Verducido, do concello de Pontevedra.

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 222, do mércores, 22 de novembro de 2017, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 53562, onde di: «O representante da Federación Galega de Piragüismo… á obtención dos títulos de técnico Ceportivo en Piragüismo de Augas Bravas…», debe dicir: «O representante da Federación Galega de Piragüismo… á obtención dos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas…».