Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53251

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 807/2017 IP).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 807/2017 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Castrelos Elaboración, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Canteras Fernández, S.L., Elaboración Scom, Barreda López e Hijos, S.L., Jesús Paradelo Borrajo, Pimaga, Pizarras Galir, Cupiga, S.A., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

A Sala acorda:

Declarar deserto o recurso de casación en unificación de doutrina preparado polo Instituto Nacional da Seguridade Social e pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a sentenza ditada en suplicación por este tribunal, declarando a súa firmeza e a devolución dos autos ao órgano xudicial de procedencia, con certificación da sentenza ditada e expresión da súa firmeza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición preparatorio do recurso de queixa, nos termos do artigo 223.3 da LRXS, no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción en que a resolución incorreu a xuízo do recorrente. Fáiselle saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal, aberta en Banesto, conta nº 1552, e consignar no campo concepto a indicación recurso seguida do código «30 Social-Reposición».

Así, por este auto, pronúnciano, mándano e asínano comigo, secretaria da sala, que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cupriga, S.A., na actualidade en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza