Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53253

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3207/2017 IP).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3207/2017 desta sección, seguido por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Andrea Poledna, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete López Pimentel, Exclusivas Torrado Montero, S.L., Cleice Marinho de Souza, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 30 de outubro de 2017.

Únase o anterior escrito, presentado pola letrada da Administración da Seguridade Social en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor el recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Expídase edicto ao Diario Oficial de Galicia para a notificación da presente resolución a Girejko Agnieszka, Marinho de Souza Cleice, Poledna Andrea, Lilian Rocío Pico Martínez e Janette López Pimentel.

Requírase a recorrente para que presente, no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca, con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo. A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Girejko Agnieszka, Marinho de Souza Cleice, Poledna Andrea, Lilian Rocío Pico Martínez e Janette López Pimentel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza