Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53255

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1640/2016).

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento divorcio contencioso 1640/2016, seguido por instancia de Flabia Esterbina Villamán Ramos fronte a Fernando Antonio Santana Pérez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 445/2017.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio nº 1640/2016, promovido polo procurador Sr. Fernández Villaverde, en nome e representación de Flabia Esterbina Villamán Ramos, asistida do letrado Sr. Arceo Túñez, fronte a Fernando Antonio Santana Pérez, maior de idade citado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal en representación dos dous fillos menores de idade do matrimonio.

Resolvo que estimando a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Fernández Villaverde en nome e representación de Flabia Esterbina Villamán Ramos, asistida do letrado Sr. Arceo Túñez, fronte a Fernando Antonio Santana Pérez, maior de idade citado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal en representación dos dous fillos menores de idade do matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 19.4.2010 en Santo Domingo Este da República Dominicana, inscrito no Rexistro Civil desa cidade, libro 00003 m, folio 0007, acta nº 000207, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. CC., transcorridos máis de tres meses de matrimonio, e as seguintes medidas accesorias a ese pronunciamento:

A disolución do réxime económico matrimonial, cesando calquera poder que os cónxuges puidesen ter outorgado un en favor do outro.

A atribución da garda e custodia dos fillos menores, Hanssel Fernando Santana Villamán e Emmanuel Santana Villamán á nai, Flabia Esterbina Villamán Ramos.

A autorización xudicial a Flabia Esterbina Villamán Ramos para a expedición del pasaporte dos menores, Hanssel Fernando Santana Villamán e Emmanuel Santana Villamán.

Fixar con cargo ao pai, Fernando Antonio Santana Pérez, a cantidade de cento cincuenta euros (150 €) mensuais (75 € por cada fillo menor), en concepto de pensión de alimentos en favor dos fillos menores.

As cantidades serán entregadas á nai mediante ingreso na conta, IBAN ES80 2080 0300 87 3045565095 da entidade Abanca, titularidade da proxenitora Flabia Esterbina Villamán Ramos. Os ingresos realizaranse por mensualidades anticipadas dentro dos cinco primeiros días de cada mes, con efectos retroactivos desde a interposición da demanda, e a cifra será actualizada anualmente de acordo co IPC anual elaborado polo INE ou índice que o substitúa. Servirá como base para cada actualización a pensión fixada e as sucesivas actualizacións que se vaian producindo.

A contribución do esposo para satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios dos fillos menores, Hanssel Fernando Santana Villamán e Emmanuel Santana Villamán. Considéranse como tales:

Os gastos extraordinarios médico-sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social nin por calquera outra mutualidade ou entidade ou organismo a que puidesen estar asociados ou afiliados calquera dos cónxuxes.

Os gastos extraordinarios fóra da rutina escolar como clases de repaso, viaxes escolares, o material escolar que sexa necesario ou estableza con carácter xeral o centro onde cursen os seus estudos os fillos.

Así mesmo, procede atribuír á demandante, conforme os artigos 156 e 158.6º do Código civil –dada a imposibilidade de lograr o consentimento previo do demandado– o exercicio ordinario da patria potestade en aspectos sanitarios médicos, educativos, académicos e referidos ao domicilio e empadroamento de ambos os menores e análogos administrativos.

En canto sexa firme a presente resolución, remítanse os preceptivos oficios e exhortos para realizar as obrigadas anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na D.A. 15ª da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna en audiencia pública o xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E ao estar o dito demandado, Fernando Antonio Santana Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza