Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53258

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1105/2014).

Begoña Acha Barral, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de reforzo de familia de Vigo, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de María Carmen Carrera Gómez fronte a Juan Diego Roa Carrera e Patricia Parada Graña, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 510/15.

Vigo, 1 de setembro de 2015.

Teresa A. Fernández Molinos, xuíza de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo e do seu partido xudicial, viu e oíu os autos de xuízo verbal número 1105/2014, seguidos por instancia de María del Carmen Carrera Gómez, representada procesualmente pola procuradora Sra. Llorden Fernández-Cervera e asistida da letrada Sra. Punzón Lorenzo, fronte a Juan Diego Roa Carrera, en situación de rebeldía procesual, e fronte a Patricia Parada Braña, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Cabaleiro Barciela e asistida da letrada Sra. Estévez Cerreda, con intervención do Ministerio Fiscal, representado pola Sra. Almagro López, dada a concorrencia dun menor de idade.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Llorden Fernández-Cervera, en nome e representación de María del Carmen Carrera Gómez, fronte a Juan Diego Roa Carrera e Patricia Parada Graña, non procede sancionar xudicialmente un réxime de visitas en termos estritos entre a avoa demandante e o seu neto menor de 17 anos Bruno Parada Roa, polo que o dereito de visita terá lugar coa maior flexibilidade e segundo ambos voluntaria e mutuamente conveñan.

Non se efectúa un especial pronunciamento sobre as custas procesuais causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con apercibimento de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, nos prazos e termos establecidos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos correspondentes, e definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estar o dito demandado, Juan Diego Roa Carrera, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza