Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53260

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 105/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 105/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús López Pardo contra a empresa Rústicos de Galicia, S.L., sobre ordinario, se ditou auto do 19.9.2017, impugnable en reposición no prazo de tres días, e decreto do 26.10.2017, impugnable en revisión no prazo de tres días. Ambas as resolucións están ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rústicos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza