Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (874/2014)

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 874/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Alberto Martínez Espiña contra Selección y Servicios Integrales Logistics, People Trabajo Temporal ETT, S.A., Unique Interim ETT, S.A.U., Sesa Start Consultores, S.A., Randstad Project Services, S.L.U. e Randstad Empleo ETT, S.A.U., Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Sentenza número 457/2017.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 874/2014, seguidos por instancia de José Alberto Martínez Espiña, asistido polo letrado Sr. Escariz Fernández contra a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., representada e asistida pola letrada Sra. Antía Celeiro Muñoz, contra Randstad Project Services, S.L.U. e Randstad Empleo ETT, S.A.U., representadas e asistidas polo letrado Jorge Juan Gándara Maeztu, e contra o Fogasa.

Resolvo que estimando a demanda interposta por José Alberto Martínez Espiña contra Randstad Project Services, S.L.U. e Randstad Empleo ETT, S.A.U., e contra Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., declaro que a relación laboral de José Alberto Martínez Espiña coa demandada Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. ten carácter indefinido non fixo, por aplicación da opción do artigo 43 do ET, con antigüidade desde o 15 de febreiro de 1999 e categoría profesional de axudante de mantemento (nivel económico 9 do convenio colectivo da CRTVG), e, en consecuencia, debo condenar e condeno as demandadas a aterse á anterior declaración, cos efectos legais inherentes a esta.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación en legal forma a Selección y Servicios Integrales Logistics, People Trabajo Temporal ETT, S.A., Unique Interim ETT, S.A.U., Sesa Start Consultores, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza