Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (724/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 724/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ghenadi Solonenco contra Socoga y Esperante, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Mutual Midat Cyclops, Instituto Nacional da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Ghenadi Solonenco contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e as entidades Mutua Fremap, Mutual Midat Cyclops, e Socoga e Esperante, S.L., e, en consecuencia, debo absolvelo do pedido na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Socoga y Esperante, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza