Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51841

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1914/2017).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1914/2017 seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Julio Monteagudo Otero, Exclusivas Gonbal, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Colaboradora da Seguridade Social Mutual Midat Cyclops contra a sentenza do 16 de xaneiro de 2017 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra Julio Montegaudo Otero, a entidade mercantil Exclusivas Gonbal Sociedad Limitada, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala a confirma integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente ás custas da suplicación, cuantificando en 601 euros os honorarios do letrado do traballador codemandado impugnante do recurso.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gonbal, S.L., con último domicilio coñecido na r/ do Muro, 14, Redondela (Pontevedra) e, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza